O FALADOIRO DA VACA MARELA

 

O FALADOIRO da Vaca Marela é un recuncho onde o alumnado poderá dispor de todo o equipamento tecnolóxico para gravar un programa de radio (podcast) para a súa posterior difusión nas canles oficiais da Marela (auriculares, micrófonos, mesa de mesturas, gravadora, reprodutores de audio…).

 

Xs alumnxs coñecerán a radio e o seu valor didáctico, sendo xs protagonistas dun proceso de interiorización e recoñecemento da súa voz, dunha escoita escoita atenta e da fala.

A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.

É unha ferramenta didáctica TIC tradicional, pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.

O formato de obradoiro elixido consiste na gravación dun programa de radio con noticias, actividades, proxectos, música, cancións e seccións de máximo interese para xs alumnxs. O obradoiro terá unha duración de 1 hora semanal.

 

- Presentación da actividade: Aprender a comunicarnos a través da radio. Linguaxe radiofónica, a noticia, a entrevista…

- Constitución do equipo.

- Asignación de roles.

- Selección de contidos.

- Redacción da escaleta. O texto, a música, os tempos...

- As partes do estudo de radio.

- Gravación ( o estudio de radio, actitude, vocalización, lectura, dramatización...).

- A edición.

- A publicación.

 

O programa gravado incorporarase á web “www.avacamarela.gal" para que poidades desfrutar coa súa escoita.

 

A posta en marcha dunha emisora de radio proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento de competencias clave a través de tarefas complexas que involucran diversas habilidades e destrezas, permitindo o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas, como veñen demostrando diversas experiencias diseminadas polo territorio galego. 

A radio ten demostrado a súa potencialidade no ámbito educativo, pero as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan a súa utilización como ferramenta pedagóxica de gran alcance. A radio pode xerar unha importante dinámica de comunicación, de difusión dos produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado. 

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.