EDUCACIÓN PRIMARIA


Idade: 6-12 anos / Atención Individualizada

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

 

1. DURANTE O CURSO ESCOLAR (SETEMBRO - XUÑO)

Adaptámonos ao ritmo que leva cada alumnx e ás suas necesidades, reforzando os contidos que estea traballando, resolvendo as dúbidas e facendo especial fincapé nos temas con maior dificultade.
Axudamos e orientamos na preparación dos exames e traballos diarios.


2. DURANTE O VERÁN (XULLO E AGOSTO)

Aproveitaremos o verán para repasar o curso dunha maneira entretida e prepararnos para o seguinte, reforzando os contidos nos que presenten maior dificultade.


Desta maneira xs nenxs comezarán o novo curso con máis ganas e maior seguridade en si mesmos.

 

ESCOLLE O TEU BONO, ADAPTADO A TI!

 

1. BONO DIA A DIA (se o que  buscas é apoio para a realización das tarefas diarias cunha atención individualizada e sen límite de horas, este é o teu!)

 

2. BONO VACA (deseñado para o reforzo de todos os contidos de cada materia cunha planificación personalizada e adaptada a ti, preparación de exames e axuda nas tarefas do día a día. Sen límite de horas!)

 

3. BONO CATRO (é ídoneo para o apoio e orientación educativa nun momento puntual, para "saír do paso")

 

QUE OFRECEMOS?

 

- Atención personalizada.

- Servizo de orientación  a pais e alumnxs.

- Información e contacto directo coa casa co fin de informar sobre a evolución do alumnado.

- Todo o noso profesorado está coidadosamente seleccionado, titulado universitario, e conta con ampla experiencia docente.
 

 

 

 

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.